Romaría de San Bieito no Mosteiro de Santa Cristina, PARADA DE SIL
Fiestas Religiosas
13 de Julio
ROMARÍA DE SAN BIEITO 2024
Domingo, 13 de xullo de 2024 no Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil, no Concello de Parada de Sil non te podes perder esta singular romaría ao patrón de Europa.
San Bieito é protector dos monxes e padroeiro de espeleólogos, arquitectos, enxeñeiros, dos arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos.
Oración a San Bieito para afastar os inimigos e as envexas
Oh glorioso San Bieito, modelo sublime de todas as virtudes, vaso puro da graza de Deus.
Heme aquí, humildemente prostrado diante túa. Imploro o teu corazón cheo de amor para que intercedas por min ante o trono divino de Deus.
A ti recorro en todos os perigos que a diario me rodean.
Protéxeme contra os meus inimigos, contra o maligno inimigo en todas as súas formas e inspírame a imitarche en todas as cousas
Que a túa bendición estea comigo sempre, de modo que poida fuxir de todo o que non é agradable a Deus e evitar así as ocasións de pecado.
Docemente pídoche, que me consigas de Deus os favores e grazas das cales eu estou tan necesitado, nas probas, nas miserias e nas aflicións da vida.
O teu corazón sempre estivo tan cheo de amor, compaixón e misericordia cara aos que estaban aflixidos ou con problemas de calquera tipo.
Ti nunca despediches sen consolo e asistencia a calquera que recorrese a ti. Por tanto, invoco a túa poderosa intercesión, con esperanza e confiado en que ti escoitarás as miñas oracións e alcanzarasme a graza especial e favor que tan seriamente che imploro (pedir o favor para recibir), se é para a maior gloria de Deus e o ben da miña alma.
Axúdame, Oh gran San Bieito, vivir e morrer como un fillo fiel de Deus, que sexa sempre submiso á súa santa vontade, para lograr a felicidade eterna do ceo. Amén.
Rezar tres Nosopai, Avemarías e Glorias.
Programa
ROMARÍA DE SAN BIEITO 2024
Domingo, 13 de xullo de 2024 no Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil
Eucaristía e procesión na honra de San Bieito, Patrón de Europa, ás 13:00 hrs. cantada pola Coral AQUA MÚSICA.
Amenizarán a Romaría na procesión, na sesión vermú amenizada pola charanga BANDIÑOS BAND.
Dende as 18:00 hrs. ata a 20:30 hrs.: Festa no Camping Cañón do Sil para tódolos públicos.
NOTA IMPORTANTE: O Bus-lanzadeira será GRATUITO para todos aqueles residentes de Parada de Sil que baixen á romaría. Non é necesario reservar. Aforo ate completar as prazas.
Saídas do Bus-lanzadeira cada media hora: ás 11:30 / 12.00 / 12.30 hrs. con posterior retorno a Parada de Sil as veces que se precisen ata as 14:30 hrs.
MENÚ SAN BIEITO no "CAMPING CAÑÓN DO SIL" por mor da Romaría de San Bieito
Menú composto de mexillóns ao vapor, lacón á galega, tenreira asada con patacas, torta da avoa, Viños branco e tinto, gasosa e auga.
PREZO: 18,00 euros/persoa
OBRIGATORIA RESERVA PREVIA no 608 537 017